Como medran os nosos parruliños! Será porque teñen moi bos coidadores?


Seguro que os bos coidados que lles dan Enma e Lucas axudan a que Valentín e Branquiña estean moi contentos na nosa escola.
Como medran os nosos parruliños! Será porque teñen moi bos coidadores?
Seguro que os bos coidados que lles dan Enma e Lucas axudan a que Valentín e Branquiña estean moi contentos na nosa escola.
No comedor escolar quixemos celebrar o día de Rosalía cun «Caldo de Gloria» que fixemos coas verzas da nosa horta.
Para conmemorar este este día traballamos nas aulas o poema «Caldo de Gloria», logo buscamos frases ou refráns que falaran do caldo, e decoramos a entrada do comedor.
Servimos as mesas cun mantel no que os cativos podían ler o poema, namentrés degustaban o rico caldo.
Fixemos diplomas para os » Comendadores do Caldo , que lles foron entregados, polo noso cociñeiro Alfonso, aos nenos, e ás nenas que se comprometeron a : falar ben do caldo, comer caldo polo menos unha vez ao mes e coidar as verzas da horta escolar.
Non faltaron os mandiles decorados para unha ocasión tan especial. Velaí o da nosa compañeira Candi.
Unha das actividades que desenvolvemos ao longo da semana da paz foi unha campaña solidaria de recollida de alimentos.
Baixo o lema «paz e pan da man van» pretendíamos animar aos membros da nosa comunidade educativa a compartir, deixando o que puideran para que outros puideran levar o que necesitaban.
Temos que agradecer a implicación de moitas persoas que fixeron que «alixeirando o noso equipaxe» todos podamos vivir mellor.
NOVO CURSO E NOVO RETO!
Un ano máis queremos implicar a nosa comunidade educativa neste proxecto de educación ambiental.
«Lixeiros de equipaxe» ten como obxectivo sermos capaces de facer un consumo responsablee, priorizando a solidariedade e o coidado do medio ambiente.
Ao longo do curso faremos unha reflexión arredor do consumo excesivo de roupa, dispositivos móviles, e calzado; asi como do desperdicio de alimentos.
Crearemos un banco de roupa e outro de alimentos para axudarlles ás familias que teñan máis dificultades económicas da nosa escola. E poremos en marcha medidas para aforrar enerxía no comedor escolar.
As nosas cativas, e os nosos cativos aprenderon moito ao longo do curso investigando para desenvolver o proxecto diversific-ANDO.
Descubriron o importante que é ser diferente, e cousiñas moi curiosas relacionadas coas diferenzas que podemos observar na natureza.
Se queres ser un natu sabio, ou unha natu sabia, comproba que sabes a respostas a estas cuestións:
1. En que continente viven máis tigres?
En Asia.
2. Que orixinal método de caza emprega o peixe nomeado morena?
Envía unha descarga eléctrica.
3. Nome dun paxaro que non pode voar?
A avestruz
4. Un encantador de serpes actúa sobre este animal grazas a:
Os seus movementos.
5. Que molusco non ten patas e leva a casa a costas?
O caracol.
6. Para que lle serven as espiñas ás rosas?
Para protexerse.
7. Como se chama a acción pola que as aves renovan as plumas?
Muda.
8. Nome dun animal que vive no casquete polar ártico.
O oso.
9. Cal é a árbore máis cultivada polos seus froitos?
A maceira.
10. Que idade ten a pícea de Suecia que está considerada a árbore máis vella do mundo?
9550 anos.
11. Que cantidade de alimentos ao día pode inxerir un elefante adulto?
150 kg.
12.Cal foi a primeira especie animal que adquiriu a capacidade de voar?
Os insectos.
13.Para que utilizan as luras as ventosas dos seus tentáculos?
Para capturar as presas.
14. Teño escamas , pero non son un peixe…
Son un lagarto.
15. Cal é o mamífero terrestre máis grande do mundo?
O guepardo ( pode correr 110 km/h)
16.Que ave pon os ovos máis grandes?
A avestruz.
17.Que son emite un moucho?
Ulula.
18.De que está feito o pico das aves?
De óso.
19.Que comen os animais necrófagos?
Carne en descomposición.
20.Que animal pode vivir sen beber auga durante 3 anos?
O xerbo
Unha das actividades que organizamos para a Semana das Letras Galegas foi a de degustar «merendas enxebres», e buscar refráns, ou ditos populares relacionados con elas.
Hoxe probamos o xamón, os nenos, e as nenas, dixeron que lles gustara moito.
Un dos nosos cativos dixo que lle contara o seu avó que o xamón sempre tiña que gustar porque do porco namoraba ata o andar!
Con motivo da Semana das letras Galegas no noso centro fixemos unha exposición de fotos de cabaceiros.
Aquí temos unha mostra dos que están preto da nosa zona
Temos fotos dos cabaceiros dos pobos nos que viven moitos dos nenos que veñen a nosa escola: Palmés, Cabeanca, Amoeiro, Turey…
Como medran os nosos xirasoles, e cantas cousas aprendemos grazas a eles!
Agora xa sabemos que…
O xirasol é a alegría do verán coa súa rotación mirando ao sol. Trátase dunha planta anual que se cultiva por sementes a principios de marzo e que florece no verán ou principios de outono.
O seu talo é robusto, as súas follas son anchas e ovaladas, a cabeza ovalada, co fondo marrón escuro.
Pode chegar a alcanzar o seis metros de altura, aínda que, o normal, é que mida entre dúas ou tres metros.
Existen variedades ananas que se poden cultivar en maceta duns 40 centímetros. Algunhas delas son o girasol o Teddy Bear e Big Smile.
Cultivo do xirasol:
A época de sementa para o cultivo de secano dura, aproximadamente, un mes desde o inicio do verán.
Aínda que prefire os chans arcillosos, o imprescindible é que o chan teña unha boa drenaxe.
As regas deben ser moderados e, grazas á súa raíz profunda, pode acceder a unha maior cantidade de auga do chan.
Como saber que necesitan máis rega?
Sementa e floración do xirasol
As sementes de xirasol hai que plantalas durante o mes de marzo.
Se queredes cultivar os vosos propios xirasoles, plantaredes as sementes a un cinco ou seis centímetros de profundidade e xerminarán entre os días sete e quince despois da súa plantación, dependendo da temperatura.
Cando florecen os xirasoles?
Fano entre xullo, agosto e setembro, en función do clima.
Unha vez terminan, córtanse e déixanse secar antes de colleitar as súas pipas.
O xirasol como arranxo floral
Ademais de gozar desta planta iluminando os campos, podedes facelo nos vosos fogares utilizándoo como arranxo floral.
Para que os ramos de xirasol duren máis podemos facer o seguinte:
Utilizar sempre un floreiro con auga temperada á temperatura da habitación.
Engadir vitaminas para flor cortada ao auga para que dure máis tempo.
Cortar o talo sempre en diagonal con tesoiras ou coitelos de podar sempre limpos.
Asegurarse de que as follas non toquen a auga.
Non colocar o floreiro cos xirasoles a pleno sol, preto de fonte de calor ou correntes de aire.
Cambiar a auga do floreiro con regularidade porque os xirasoles requiren moita auga e quedará baleiro moito máis rápido do que pensades.
Non coloquedes os xirasoles preto dun frutero xa que os gases que emite a froita fai que se marchiten as flores máis rápido.
6 curiosidades sobre os xirasoles
1. Ao deixar de medrar , deixan de virar.
Todo o mundo sabe que os xirasoles, cada mañá, comezan a virar seguindo a ruta ao oeste do sol.
Con todo, recentes estudos demostraron que unha vez que as flores maduran, os xirasoles van freando o seu movemento diario até quedar fixas mirando ao leste.
2. Proceden de América
Os xirasoles son orixinarios do continente americano e, de feito, os nativos Americanos comían as sementes de girasol con fabas, millo e cabaza. Chegaron a Europa a principios do século XVI.
3. Non teñen o mesmo tamaño todos.
Do mesmo xeito que coa cor, tamén hai moita variedade na forma: hai xirasoles con flores grandes ou pequenas, cunha soa fila de pétalos ou con múltiples aneis de pétalos.
Ademais, os horticultores están a traballar nunha próxima xeración de xirasoles coa cabeza recta para o seu uso en decoración.
4. Simboliza o sol e o amor
O xirasol a miúdo relacionase co sol e co amor. Na mitoloxía grega, a ninfa Clitia caeu namorada da cabeza aos pés do deus do sol: Helios. E aínda que Clitia era moi bela, el non correspondeu ao seu amor.
Como resultado a Clitia partíuselle o corazón e morreu transformándose nun girasol que segue constantemente ao sol co fin de ser capaz de ver ao seu namorado.
5. Hai xirasoles que non son amarelos.
Aínda que a maioría dos girasoles que vemos son amarelos, non é a única cor no que podemos atopalos.
Hoxe en día, comercialízanse xirasoles en cores como o laranxa, o marrón, a cor crema ou o vermello escuro.
6. Os seus usos van máis aló do ornamental
As pipas de xirasol son un vicio para moitos, aínda que non é o único uso desta planta. Utilízase tamén para facer aceite para uso alimenticio, para facer biocombustible ou como colorante.
Ademais, as raíces dos xirasoles poden limpar a terra de metais pesados, por iso foron usadas para tratar o terreo próximo á central nuclear de Chernobyl.
Tamén, se empreñan como planta medicinal polas súas propiedades desintoxicantes.
O peixe sapo psicodélico! Menudos campións !!!
Tamén fostes moitos os que acertastes co terceiro dos animais máis extravagantes do mundo.
Imos ver quen é capaz de averiguar o nome do insecto que queremos presentarvos hoxe.
É precisamente a diversidade o eixo do noso proxecto deste ano, e tamén é a que atrapa dunha maneira especial as nosas miradas.
Este ser orixinario de América do Sur aliméntase de follas do arbusto da gloria.
As súas esferas permítenlle saber cando anda preto un depredador.
É un insecto tan fermoso como cativo, só mide 7,5 mm de largo.
Debe estar conectado para enviar un comentario.